martes. 30.11.2021 |
El tiempo
martes. 30.11.2021
El tiempo

Estes son os datos da pandemia este domingo na provincia de Lugo

Un sanitario de urgencias del Hula. ELISEO TRIGO
Un sanitario de urgencias del Hula. ELISEO TRIGO
A área sanitaria conta con 27 casos activos, un menos que o sábado, e tres pacientes ingresados na Uci do Hula

O número de casos activos na provincia de Lugo sitúase en 27, un menos que na xornada anterior, segundo os datos que ofreceu este domingo a Consellería de Sanidade. O ritmo de contaxio, iso si, ascende lixeiramente. Se este sábado detectáronse dous novos casos, nas últimas 24 horas foron tres.

A presión hospitalaria, pola súa banda, mantense estable. Actualmente hai tres ingresados na Uci do Hula, mentres que os hospitais da Mariña e Monforte continúan sen pacientes covid. 

Desde o inicio da pandemia curáronse na área sanitaria lucense 19.698 pacientes –catro deles nas últimas horas– e faleceron 262, aínda que o Sergas contabiliza unicamente 254 ao non sumar a algúns pacientes que morreron noutras áreas sanitarias. 

Casos activos en Lugo

GALICIA. Galicia conta cun total de 415 casos activos (dous máis que no día anterior), nunha xornada na que aumentan en 34 os novos contagios e descenden nunha as hospitalizacións, ata 25. 

Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde, ata as seis da tarde do sábado había en Galicia sete pacientes por covid nas unidades de críticos e outros 18 en planta. 

Desde o inicio da pandemia contaxiáronse en Galicia 182.933 persoas, das que se curaron 179.903 e faleceron 2.649. 

Galicia deixou de estar en situación de urxencia sanitaria tras a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) do decreto que levanta esa condición na que a comunidade levaba desde marzo de 2020. 

Por áreas sanitarias, todas reflicten datos similares ao día anterior. 

Estes son os datos da pandemia este domingo na provincia de Lugo
comentarios