sábado. 19.06.2021 |
El tiempo
sábado. 19.06.2021
El tiempo

"Son beneficiaria de Muface e non se se me van a vacinar, xa non sei que facer"

Lourdes Ramos. AEP
Lourdes Ramos. AEP
Lourdes Ramos, de 78 anos, non foi citada aínda  ► O Sergas e Muface discrepan sobre se se remitiron os seus datos

Lourdes Ramos Agulleiro ten 78 anos e ningunha previsión da data na que se poderá vacinar, o que a ten sumida nunha gran preocupación e nun periplo constante entre Sanidade e Muface, mutua da que é beneficiaria. "É moi frustrante porque o Sergas di que Muface non lle enviou os datos, Muface di que si o fixo, xa en marzo. O Sergas dime que non existo, que non me poden chamar para citarme porque non teñen os meus datos", explica. A citación aos maiores de 70 anos, salvo algúns casos como o desta mutualista, completouse a semana pasada.

O titular do cartón de Muface é o seu marido, da mesma idade que Lourdes e que xa foi convocado para recibir a vacina o 13 de abril. Pasados uns días desa data, ao ver que a ansiada cita non chegaba para ela empezou a chamar. "Sempre me din o mesmo, que anotan a miña incidencia. Chamei a todas partes e fun presencialmente ao Hula e tamén á delegación provincial de Sanidade, xa non se que facer. Cando me dixeron que non tiñan os meus datos, que non existo para eles, díxenlles que eu lles daba os meus datos, pero me explicaron que iso non lles valía, que llos tiña que dar a miña mutua, que como podían estar seguros de que eu non mentía... Non se onde recorrer", apunta.

Para esta lucense o peor é a incógnita, non saber se será convocada algunha vez e non ter nin idea dun prazo aproximado no que iso pode chegar a ocorrer. "Se me dixesen: Chamarémola dentro de dúas semanas, ou dentro de tres semanas esperaría tranquilamente. O problema é que parece que non me van a chamar porque insisten en que Muface non lles pasou os datos e Muface di que si o fixo. Sinto que botan balóns fóra, que se pasan a pelota uns a outros e eu non se que máis podo facer", conta. Tamén a súa filla intentou reclamar no seu nome e recibiu a mesma resposta de que se recolle a incidencia.

Pola súa banda o Sergas asegurou este luns que precisamente se están revisando os datos de moitos usuarios de Muface en distintas áreas cuxos datos non están actualizados para convocalos en breve para ser vacinados.

"Son beneficiaria de Muface e non se se me van a vacinar, xa non...
comentarios