A localidade coruñesa de Frades foi o epicentro dun sismo de magnitude 3 e intensidade 2 que se sentiu na madrugada deste domingo en varios puntos da provincia, sobre as 01,58 horas.
O Instituto Xeográfico Nacional recolleu esta información, na que detalla que o tremor foi de magnitude 3, en referencia á cantidade de enerxía liberada polo terremoto, e contou cunha intensidade correspondente ao nivel dous.
Por este motivo, o sismo tamén se sentiu no Pino, Ordes, Oroso, Betanzos, Oza-Cesures, Tordoia, Carral, A Baña, Santiago de Compostela, Lugo e Outeiro de Rei.
En todo caso, os servizos de emerxencias non certificaron que se produciron danos materiais nin persoais por mor deste movemento de terra.