O SLG rexeita a folga de entregas de leite sen "o aval do conxunto do sector"

Estaba convocada a partir do próximo mércores, día 15 de decembro
Botellas de leche en la fábrica de Meira. NATURLEITE
photo_camera Botellas de leite na fábrica de Meira. NATURLEITE

O Sindicato Labrego Galego (SLG) rexeitou este luns a folga de entregas de leite convocada a partir do próximo mércores, día 15 de decembro e que en Galicia subscribe o colectivo de gandeiros lucenses Agromuralla.

A recentemente reelixida secretaria xeral, Isabel Vilalba, asegurou que para ir a un paro destas características é "moi importante contar co aval social" dos gandeiros e afeou que neste caso a convocatoria parta dunha decisión que se tomou "nun grupo de WhatsApp".

Vilalba destacou que desde o Sindicato Labrego Galego apostouse "desde o inicio por intentar sumar a todos os colectivos nunhas reivindicacións básicas e ir todos da man". "Ata agora non foi posible e cada colectivo lanzou unha serie de propostas. Non hai unha resposta conxunta para manifestarnos xuntos nestas reivindicacións", lamentou a dirixente agraria.

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego expuxo que "unha folga é unha medida moi dura para o sector. "Trátase como si alguén collese o seu salario e queimáseo, nun momento de dificultade extrema perder ingresos, aínda que é lícita (a convocatoria), é moi forte", indicou para insistir en que "ten que ter o aval do conxunto do sector".

Vilalba puxo de manifesto que eles estarán "sempre" de acordo con "" "calquera medida na que detrás se sitúe moita xente. "E neste caso non coñecemos que o sector, a través de asembleas, diga con forza que é unha medida que ten apoios", incide.

"Quen teñen que decidir unha folga de entregas son os produtores de forma maioritaria e creo que ata este momento non foron consultados", reconveu finalmente sobre esa folga de entregas polos baixos prezos que abona a industria polo leite.

En canto á súa reelección, no congreso do Sindicato Labrego Galego celebrado en Vilalba, a reelixida secretaria xeral abundou en que se cimentou sobre "dúas reivindicacións claras; rendas e prezos dignos e a aposta por un modelo máis resiliente e autónomo".

Comentarios