martes. 18.05.2021 |
El tiempo
martes. 18.05.2021
El tiempo

Unha sentenza obriga a reincorporar a catro operadoras despedidas do 010 en Lugo

Antonio Ameijide. ARCHIVO
Antonio Ameijide. ARQUIVO
Ameijide acusa o goberno local de utilizar o Concello como "unha axencia de colocación"

O grupo municipal do Partido Popular acusa ao goberno local de utilizar o Concello de Lugo como "axencia de colocación" para persoas "afíns", logo de coñecer unha sentenza que obriga á administración local a incluír no cadro de persoal municipal a catro operadoras da concesionaria do servizo de atención telefónica 010.

As catro operadoras foron despedidas en decembro de 2019, aclaran os populares, quen opinan que o sucedido é, en realidade, unha forma de meter no persoal municipal pola "porta de atrás" a persoas afíns, a través das empresas concesionarias que traballan para o Concello. Segundo os populares, o xuíz que ditou sentenza entende que "houbo unha cesión ilegal de traballadores ao Concello", ao quedar "demostrado que as funcións das demandantes ían moito máis alá do servizo de atención telefónica e mantemento da web" municipal.

Por iso, á vista do sucedido, os populares queren saber "cantas persoas traballan para o Concello en condicións semellantes ás das catro operadoras readmitidas", dado que "temen que poida haber máis casos e que, antes ou despois, acaben no persoal municipal mediante sentenzas favorables".

O PP atribúe esta situación ao "caciquismo moderno" implantado polo bipartito no Concello. "Preguntámonos se eses tempos novos que tanto pregoa a edila de Gobernanza son reeditar actuacións propias do caciquismo moderno, colocando a afíns pola porta de atrás", conclúe o viceportavoz do grupo municipal, Antonio Ameijide

Unha sentenza obriga a reincorporar a catro operadoras despedidas...
comentarios