A semana arrinca en Lugo con 151 casos activos e nove positivos detectados en 24 horas

Catro pacientes permanecen hospitalizados na provincia, un deles crítico
Sanitarios atendiendo a un paciente con covid en la Uci del Hula. AEP
photo_camera Uci do Hula. ARQUIVO

A provincia de Lugo arrinca a semana cun novo descenso dos casos activos, ao pasar de 154 a 151. Segundo o balance facilitado este luns polo Sergas, con datos ata as 18.00 horas do domingo, mantéñense catro persoas hospitalizadas, tres delas en planta do Hula e unha na Uci. Os hospitais de A Mariña e Monforte están libres de covid-19.

O número de positivos confirmados por probas diagnósticas en 24 horas foi de nove, dúas máis que a xornada anterior. 

Desde que comezou a pandemia superaron o virus 12.729 persoas en Lugo e faleceron con covid-19 diagnosticado 224, aínda que o Sergas contabiliza 216 ao non incluír a algúns lucenses que perderon a vida noutras provincias.