viernes. 18.09.2020 |
El tiempo
viernes. 18.09.2020
El tiempo

Selan o edificio do Garañón para evitar o acceso de persoas

Mozos subidos ao tellado dunha das torres do Garañón. AEP
Mozos subidos ao tellado dunha das torres do Garañón. AEP
Era habitual a entrada de mozas e este mes de xullo incluso se rexistrou a morte dunha muller ao precipitarse ao baleiro

O edil de urbanismo do Concello de Lugo, Miguel Couto, supervisou este luns o peche do edificio de O Garañón para impedir o acceso de persoas ao seu interior.

O concelleiro lucense recalcou que "resolvemos ordenar á propiedade que procedesen de xeito inmediato co obxecto de impedir que as persoas accedan de forma fácil ao interior, e evitar deste xeito un uso non adecuado do edificio".

Varios operarios encargáronse de selar os accesos "con chapa metálica" e cegaron "con ladrillos e cemento" o resto de accesos, polo que desde esta semana O Garañón terá todos os seus accesos tapados.

"É responsabilidade do titular do inmoble garantir que non se poida acceder ao mesmo e debe dispor de todos os medios ao seu alcance para alcanzar o obxectivo polo perigo inminente que a deterioración da edificación supón para a seguridade das persoas", recordou Couto.

O edil de urbanismo quixo facer un chamamento á cidadanía para que manteñan un comportamento exemplar, e en caso de incumprimento actuarase conforme á legalidade, debendo asumir as responsabilidades” xa que “o Concello non pode converterse no garantizador de que non se acceda ao edificio”. 

Selan o edificio do Garañón para evitar o acceso de persoas
comentarios