O segundo Caudal Fest alagará Lugo este venres coa subida de Marea

O Concello porá autobuses gratuítos, que sairán cada 15 minutos
Marea.EP
photo_camera Marea.EP

A segunda edición do Caudal Fest xa esta aquí co obxectivo, segundo o seu director, Iván Méndez, de converterse no festival "referente" do fin do verán en España e superar as 22.000 persoas que se rexistraron na primeira cita.

O festival estreouse o pasado ano cun éxito de concorrencia e unha ocupación hostaleira do 100%. As cifras repítense este ano e supéranse. Segundo Ivan Méndez, nesta segunda edición -para a que practicamente se esgotaron as entradas- vendéronse tickets ao longo de toda a xeografía nacional e esgotáronse as prazas da zona de acampada, que é de maiores dimensións que a habilitada na primeira edición. Como novidade, Méndez anunciou a instalación dun segundo escenario e unha mellora da ambientación para que os asisitentes estean "máis comodos".

"Espéranse moita máis xente de fóra de Galicia", asegurou o seu director, que tamén organiza festivais de referencia nacional e internacional como o Resurrection Fest, o Tsunami Xixón ou o O Son do Camiño.

O cabeza de cartel nesta ocasión son os madrileños Izal e a navarros Marea, que estarán acompañados por Carolina Durante, La Pegatina, La M.O.D.A., o coruñés Xoel López, os lucenses Holywater e outros nomes do panorama musical nacional, como o rapero sevillano Toteking, que aproveitará a súa actuación para seguir presentando o seu último disco, Lebron.

O Concello considera o Caudal Fest como unha das súas apostas fundamentais para converter a cidade nun "referente das citas musicais nacionais urbanas". A través do hashtag #AÚltimaGranFestaDoVerán, o consistorio promociona unha cita na que confía superar os 22.000 asistentes do pasado ano.

AUTOBUSES. Por iso, o consistorio porá autobuses gratuítos cada 15 minutos a disposición de todos os festivaleiros, "unha medida de transporte para dar a opción de prescindir do vehículo privado", asegurou a alcaldesa.

Deste xeito, os buses lanzadeira sairán desde a Praza de Bretaña este venres e sábado, con saídas continuas durante este venres, desde as 18.00 ata as 4.00 horas desde o centro, e desde as inmediacións do festival cara á cidade desde as 18.15 ata as catro da madrugada.

O sábado, o servizo de autobuses empezará dúas horas antes. Desde as 16.00 ata as 4.00 horas desde a Praza de Bretaña e desde as 16.15 ata as 4.00 horas desde o propio recinto, situado na chaira do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Nesta segunda edición do Caudal Fest, o Concello aproveitará para realizar a campaña "Caudal Fest Info Drogas" en colaboración coa Asociación Ferrolá de Drogodependencias (Asfedro).

O espazo, atendido por catro persoas, buscará, a través de información, reducir os riscos asociados ao consumo de estupefacientes. Ademais, e de xeito gratuíto, informarán sobre múltiples sustancias e darán resposta a diferentes cuestións que poidan ter os asistentes no relativo ás drogas ou ao consumo das mesmas.

Ademais, o Concello habilitará un punto Violeta para que os festivaleros "conten coa máxima seguridade posible". Este espazo estará habilitado dentro do reciento e funcionará de 18.30 a 4.00 horas hoxe e de 15.30 a 4.00 horas mañá.

Comentarios