A sarriá María Luisa Castro Rodríguez, nova responsable da Unidade contra a Violencia sobre a Muller

A subdelegada do Goberno destacou o importante labor deste servizo, que se ocupa de coordinar a loita contra a violencia de xénero na provincia de Lugo
IMG_20200218_Xefa Unidade Violencia Xénero
photo_camera Castro, coa subdelegada do Goberno. EP

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, nomeou á sarriá María Luisa Castro Rodríguez como responsable da Unidade contra a Violencia sobre a Muller.

Castro é funcionaria da Administración do Estado desde 1992. Pertence ao Corpo de Xestión da Administración Civil do Estado desde 2005 e ata o momento era xefa da sección de relacións coa Administración Territorial na Subdelegación do Goberno, posto que desempeñou desde o ano 2006.

A subdelegada destacou o importante labor da Unidade contra a Violencia sobre a Muller, que se ocupa de coordinar a loita contra estes delitos na provincia de Lugo

Tamén subliñou a gran responsabilidade que asume María Luisa Castro á fronte deste servizo prioritario, no que traballará man con man coas forzas de seguridade do Estado, así como da Xustiza e do resto das administración públicas, na protección das vítimas da violencia machista.

Comentarios