Santos anuncia unha ordenanza para evitar as árbores que causan alerxias

Álvaro Santos. XESÚS PONTE
photo_camera Álvaro Santos. XESÚS PONTE

Álvaro Santos, concelleiro de medio ambiente, anunciou este mércores que regulará mediante unha ordenanza a plantación de especies vexetais alérxenas nos espazos públicos e comunitarios. O socialista anunciou que, ademais, pedirase a todos os organismos públicos que opten pola plantación de árbores que non xeren alerxias.

Despois de que o PP propuxese a medida, Santos avanzou que se actuará para garantir que a plantación de especies vexetais se planifique tendo en conta o impacto que poida ter na saúde das persoas, dado que cada vez máis cidadáns sofren alerxias causadas por substancias presentes na contorna na que viven.

Santos destacou que se estima que as alerxias poden afectar practicamente á metade da poboación nas tres próximas décadas debido, entre outros factores, a un aumento dos niveis de contaminación ambiental.

Considerou, así, que sería unha simpleza limitar as medidas ao control das especies alérxenas. As cidades necesitan espazos verdes, xa que entre outras cousas melloran a calidade do aire e axudan a regular a temperatura, remarcou.

Comentarios