Sancionado un local de lecer nocturno de Lugo por non pechar as portas

O seu propietario atribúe esa situación a que había moitos clientes na zona, debido ao control de acceso
Un vehículo de la Policía Local de Lugo. ARCHIVO
photo_camera Un vehículo de la Policía Local de Lugo. ARCHIVO

Axentes da Policía Local que inspeccionaron na madrugada do domingo unha discoteca situada na Rúa Doutor Fleming levantando acta de denuncia por infrinxir a normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, xa que tiña as portas abertas, polo que, segundo este corpo, transmitía "altos niveis de ruído ao exterior, incompatibles co descanso dos veciños".

O seu propietario atribúe esa situación a que había moitos clientes ás portas, debido ao control de acceso.