O Salón do automóbil de Lugo incrementou as súas vendas un 20% sobre 2017

Unhas 13.000 persoas pasaron pola feira, na que se venderon 250 coches

Salón del automóvil de Lugo. AEP
photo_camera Salón do automóbil de Lugo. AEP

Unhas 13.000 persoas pasaron polo XIII Salón do Automóbil Novo e de Ocasión de Lugo, no que se venderon 250 coches, o que supón un incremento do 20% en relación coas cifras de 2017. Segundo informou a organización, o incremento de vendas é incluso máis notable se se compara con respecto aos anos previos, dado que é un 30 % superior ao rexistrado na edición de 2016 e do 45% en comparación con 2015.

Nesta ocasión, foron 19 os concesionarios presentes na feira, en representación de 37 marcas de automoción, unha "cifra récord de participación", dado que nunca tomaran parte neste evento nin tantos vendedores locais nin tantos fabricantes.

Comentarios