miércoles. 08.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 08.12.2021
El tiempo

Rubén Arroxo participa na #SemanaDeConexiones organizada por Adace

Un momento da videoconferencia. EP
Un momento da videoconferencia. EP
O Tenente Alcalde participou nunha videoconferencia con integrantes da asociación

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, participou o mércores nunha videoconferencia con integrantes de Adace. Na xuntanza, o Tenente Alcalde explicou o funcionamento do concello e explicou as medidas postas en marcha por parte das áreas da Tenencia de Alcaldía para facilitar o día a día das persoas con dano cerebral.

O Tenente Alcalde recolleu as solicitudes das integrantes de Adace para mellorar os espazos públicos, e explicou que "desde as distintas áreas de goberno temos un compromiso para facilitar a accesibilidade de toda a veciñanza, e seguimos traballando día a día para eliminar barreiras e que toda a veciñanza se poida desenvolver na cidade".

Rubén Arroxo realizou unha visita virtual ás instalacións do Concello da Praza Maior. Arroxo mostrou as estancias do Concello como o Salón de Plenos ou as instalacións da área de Cultura, onde puideron desfrutar dos cadros procedentes do Certame de Pintura Rápida que anualmente organiza o Concello de Lugo.

Rubén Arroxo participa na #SemanaDeConexiones organizada por Adace