Sábado. 15.12.2018 |
El tiempo
Sábado. 15.12.2018
El tiempo

Rozadas dous das rotondas que causaban inseguridade viaria en Lugo

A rotonda de Paradai, limpada. J.VÁZQUEZ
A rotonda de Paradai, limpada. J.VÁZQUEZ

As brigadas municipais limparon nos últimos días a maleza que invadía as glorietas de Paradai e Ponte Romai, na Avenida Infanta Elena

Que as rotondas estean invadidas pola maleza non é só un problema estético, é sobre todo un risco para a seguridade viaria porque reduce a visibilidade para os condutores. Así que máis aló de dimes e diretes entre administracións públicas de diferente cor política sobre a quen lle compete a súa limpeza, é unha obrigación que se debe acometer con periodicidade.

O Concello de Lugo acaba de limpar as malas herbas que campaban ás súas anchas en dúas das rotondas da Avenida Infanta Elena, a de Paradai e a de Ponte Romai. Estes labores levounas a cabo dentro do calendario establecido no plan de roza que está a executar en todo o municipio, no que participan medio centenar de operarios con 25 máquinas.

A roza da maleza nestas rotondas foi unha demanda que tanto o ano pasado como ao longo deste fíxolle chegar a asociación Porta de Lugo á Xunta de Galicia e á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

O presidente deste colectivo veciñal, José Manuel Carballo, sostén que os labores de limpeza débense levar a cabo «cada dous meses» porque, ao seu xuízo, non se pode permitir que estas zonas que soportan tanto tránsito sexan «auténticas selvas», o que entraña un risco para a seguridade viaria.

A asociaciónvecinal Porta de Lugo demandou a súa limpeza este e o ano pasado á Xunta e á Confederación Hidrógráfica

«Igual que arromban o Gaiás en Santiago ou a Praza Maior en Lugo, corresponda a quen corresponda, hai que limpar con certa periodicidade estas rotondas», afirma José Manuel Carballo, quen se lamenta da «falta de decoro» destas glorietas, xa que cre que se podía usar auga reciclada para que non presenten o estado de abandono actual.

Estes labores de roza demoráronse máis da conta debido a que a Xunta sostiña que lecorrespondía ao Concello porque lle entregou as obras do plan Paradai e a administración local entendía que non estaban executadas ao 100%. Finalmente o goberno municipal accedeu a acometelas.

MÁS TRABALLOS. Estás non foron os únicos labores de roza. Nos últimos días o persoal de mantemento de estradas da Xunta de Galicia tamén limparon as rotondas que se atopan na Ronda Este, desde A Campiña ata a estrada da Fonsagrada.

Rozadas dous das rotondas que causaban inseguridade viaria en Lugo
Comentarios