martes. 25.02.2020 |
El tiempo
martes. 25.02.2020
El tiempo

Rouban no coche de Marcos Burgo e levan os libros de ruta do Rallye Dakar

O copiloto Marcos Burgos. EP
O copiloto Marcos Burgos. EP
O copiloto denunciou que descoñecidos entraron no seu vehículo, que tiña aparcado na rúa Río Eo de Lugo

O copiloto de rallies Marcos Burgo Vilanova denunciou este xoves en Facebook que descoñecidos entraron a roubar no seu coche, aparcado na rúa Río Eo, e levaron, entre outras cousas, os libros de ruta do último Rallye Dakar no que participou xunto co seu irmán e piloto Pedro, o que para o deportista ten un gran valor sentimental.

Burgo manifestaba na rede que esta documentación da súa participación no rallye foi gardada como "recordo" e, polo tanto, agradecería a súa recuperación. "Como sei que esta boa xente non vai tardar en desfacerse deles en calquera papeleira ou colector, rogaríavos que se os vedes vos puxésedes en contacto comigo", indica.

Rouban no coche de Marcos Burgo e levan os libros de ruta do Rallye...
Comentarios