Rosalía, emblema da enfermidade de Dent

Maite Ferreiro e Rubén Arroxo visitaron en San Roque o mural que conciencia sobre esta enfermidade rara
La presentación del nuevo mural. XESÚS PONTE
photo_camera A presentación do novo mural. XESÚS PONTE

Xa está listo o mural situado en San Roque que, coa figura de Rosalía, busca sensibilizar sobre a enfermidade de Dent. Trátase dun proxecto levado a cabo pola asociación Art for Dent.

A Asociación Galega da Enfermidade de Dent foi creada por catro familias galegas, de Lugo, Muros, Brión e Pontevedra afectadas por esta enfermidade. O proxecto Art For Dent naceu a comezos do ano 2020, e pretende abrir unha nova vía de colaboración e financiamento desde Galicia para investigar a enfermidade de Dent, ademais de darlle visibilidade a esta enfermidade rara.

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de cultura, Maite Ferreiro visitaron o mural realizado en San Roque pola asociación.

Maite Ferreiro agradeceu ás promotoras da iniciativa que escollesen Lugo como localización para un mural, e afirmou que "ao mesmo tempo que colaboramos cunha iniciativa solidaria, continuamos a mellorar os espazos urbanos con arte".

A Enfermidade de Dent é unha enfermidade rara de orixe xenética. Afecta ao túbulo renal, producindo complicacións que poden chegar a afectar os ósos, podendo producir raquitismo, entre outras enfermidades. O mural busca concienciar no obxectivo de reunir fondos para financiar a investigación do mal.

Comentarios