Rompen os espellos laterais de varios coches aparcados en catro rúas

Nun dos vehículos apareceu unha nota anónima onde se dicía que viran a dous mozos baixarse dun Volkswagen e emprendela cos retrovisores

LUGO. As redes sociais facíanse eco o luns da rotura dos espellos retrovisores laterais de varios vehículos aparcados en catro rúas da capital. Os feitos ocorreron na noite do sábado ao domingo e os propietarios dos vehículos afectados descubriron as desfeitas ao longo da xornada dominical.

Un dos casos sucedeu en cálea Otero Pedrayo, nas inmediacións da Avenida da Coruña. Tamén se produciron incidentes deste tipo –segundo denunciouse nas redes– na Avenida Rodríguez Mourelo, fronte ao instituto Lucus Augusti onde, ademais dos retrovisores, tamén apareceron rotos os limpiaparabrisas. Outros casos tiveron lugar en San Roque e na rúa Tui.

Por outra banda, nun dos coches apareceu unha nota anónima onde se dicía que viran a dous mozos baixarse dun Volkswagen e emprendela cos espellos.