A Ronda do Carme rexistra un segundo accidente en apenas 24 horas

Un novo choque na Rolda do Carme volve pór en relevo o perigo dunha vía na que os vehículos tenden a circular cun exceso de velocidade. Isto vólvese dobremente perigoso no tramo no que se estreita a vía, ao desaparecer o carril da dereita en beneficio dunha zona reservada para o aparcadoiro.

Logo de varias semanas repetíndose o mesmo incidente, esta vez non se tivo que pasar apenas un día para que rexistrar un novo impacto vehículos. Así, este luns tivo lugar unha nova colisión por alcance que causou o corte de tráfico na vía, ao verse obstruido polos vehículos implicados o único carril dispoñible cara a Fonte dos Ranchos.