Roberto Verino celebrará en Encontros no Progreso os seus 40 anos creando moda

O deseñador ofrecerá unha conferencia, con entrada libre, no Vello Cárcere o mércores
Roberto Verino. EP
photo_camera Roberto Verino. EP

Roberto Verino, figura esencial da industria da moda en Galicia, participará o vindeiro mércores nos Encontros en El Progreso. A cita, ás 19.30 horas, terá como escenario O Vello Cárcere e a entrada será libre.

Lois Caeiro, exdirector do Progreso, presentará a Roberto Verino na charla Beleza serena: 40 anos de marca #estiloverino, título revelador dunha conferencia na que o recoñecido deseñador fará un repaso polos seus 40 anos no mundo da moda.

Verino, que formouse en París e en 1982 presentou unha exitosa colección de prêt-à-porter feminina, leva catro décadas sendo un referente, xa que contribuíu de forma definitiva a pór a Galicia no mapa da moda e, con iso, ao desenvolvemento dunha industria que ten un enorme peso.

Desde os seus inicios, o deseñador ourensán tivo sempre un papel protagonista e innovador dentro do mundo da moda e o seu nome vai ligado á elegancia e a creatividade.

Pero o deseñador ourensán foi e é algo máis que un creador de estilos e tamén foi capaz de desenvolver un conxunto empresarial de carácter internacional, abrindo tendas de roupa en lugares exclusivos de París, Madrid ou Lisboa. No seu catálogo de creacións non falta tampouco un perfume: Eau de Verino.

O seu arranque emprendedor levoulle a outro tipo de iniciativas empresariais e, por exemplo, produciu viños como Terra do Gargalo, con denominación de orixe de Monterrei, e deseñado produtos relacionados coa puericultura, como carriños de bebé e cadeiras de paseo coa colección Shom Roberto Verino.

No entanto, para o gran público o seu nome está ligado á moda e a xestaa de facer universal o deseño galego.

Comentarios