
A xornada do mércores rexistrou tres accidentes de tráfico no municipio de Lugo. Un deles ocorreu na Fonte dos Ranchos pouco antes das dúas e media do mediodía, onde houbo unha colisión múltiple por alcance na que se viron implicados varios vehículos, entre eles unha ambulancia, pero non houbo feridos.
Mais ou menos á mesma hora, rexistrouse outro na zona de Fermín Rivera, neste caso con feridos segundo informou o 112. Xa pola tarde, ás 18.00 horas, Tráfico atendeu unha saída de vía dun turismo na autovía A-6 co resultado dunha persoa ferida leve.