O restaurante Alberto.2 abre as súas portas

Este novo establecemento situado en Rúa da Cruz ofrece "cociña tradicional galega actualizada"

Los hermanos Alberto y Koki García. XESÚS PONTE
photo_camera Los hermanos Alberto y Koki García. XESÚS PONTE

O restaurante Alberto.2, cos irmáns Alberto e Koki García á fronte, abriu este mércores en Rúa da Cruz.

Este novo establecemento, que aposta por produtos de quilómetro 0, ofrece "cociña tradicional galega actualizada".

"O concepto do restaurante é unha homenaxe a Galicia. Un restaurante actual e fresco no que priman os produtos galegos de primeira calidade", afirma Alberto García, que engade que na adega "tamén predominan os viños galegos". 

Este emprendedor lucense explicaba que o seu irmán, Koki García, inspirouse "no recetario tradicional galego" para elaborar a carta. 

Alberto.2, que tamén ofrece servizo a domicilio, bota a andar con vistas a unha das principais campañas do ano para a restauración, o Nadal. Así, segundo explican os seus socios, para os días de Noiteboa e Fin de Ano elaborarán "una carta especial para o servizo a domicilio".

Comentarios