Responde a pedradas cando lle recriminan que alimente a gatos rueiros

Sucedía o sábado na zona de Miguel de Cervantes
Imagen de archivo de dos gatos callejeros
photo_camera Imaxe de arquivo de dous gatos rueiros.

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron a dúas persoas despois de que unha delas informase á patrulla de que a outra respondera a pedradas contra ela cando lle recriminou que estivese a alimentar aos gatos rueiros na zona de Miguel de Cervantes.

Segundo informou a Policía Local, o suposto intento de agresión produciuse sobre as 19:30 horas do pasado sábado -19 de xuño-, cando efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio identificou a estas dúas persoas na rúa Miguel de Cervantes.

Unha delas informou aos axentes de que lle recriminou á outra que alimentase aos gatos rueiros, ao que esta respondera lanzándolle unha pedra, que non chego a alcanzala, e gardándose outra no peto.

O sucedido foi reflectido polos axentes no correspondente parte de intervención, remitido ao órgano competente, por se algún dos implicados na disputa quere presentar denuncia.