Rescatado un cachorro de mastín abandonado sen comida nin auga nun edificio de Lugo

Vecinos da rúa Isaac Díaz Pardo alertaron á Policía de que escoitaban xemer un can

Rúa Isaac Díaz Pardo. GOOGLE MAPS
photo_camera Rúa Isaac Díaz Pardo. GOOGLE MAPS

Axentes da Policía Local de Lugo rescataron nas últimas horas un cachorro —un cruzamento de mastín— ao que supostamente os seus donos deixaron tirado nun edificio abandonado da cidade. Foron veciños da rúa Isaac Díaz Pardo os que alertaron á Policía Local de que escoitaban xemer no interior dun edificio abandonado, nesa mesma vía, un can.

Cando os axentes accederon ao interior do inmoble atopáronse o cachorro sen comida e sen auga. Tampouco levaba o correspondente microchip nin ningún outro tipo de identificación, polo que foi trasladado á protectora pola Policía Local. 

Comentarios