Reposta a parte desprendida do muro perimetral do colexio de Albeiros

O concelleiro de educación, Manuel Núñez, visitou as obras

Manuel Núñez visita las obras del colegio Albeiros. EP
photo_camera Manuel Núñez visita as obras do colexio Albeiros. EP

O Concello finalizou os traballos de reposición de parte do muro perimetral do colexio de Albeiros, esborrallado hai días. O concelleiro de educación, Manuel Núñez, visitou as obras, que foron financiadas con cargo ao Plan Mellora Lugo.

A celosía instalada no muro afectado non coincide co orixinal, porque é antiga e xa non se fabrica, polo que se buscou unha parecida e foi repintada do mesma cor.

Ademais, aproveitáronse as obras para fixar unha chapa de prefabricado do colexio que estaba solta.

Comentarios