Un repartidor resulta ferido ao chocar o seu ciclomotor contra un coche en Lugo

O accidente tivo lugar na avenida Ramón Ferreiro
IMG_20210430_154302

Unha ambulancia evacuou este venres ao hospital a un repartidor de comida a domicilio que sufriu un accidente ás tres e media da tarde.

Segundo testemuñas presenciais, o motorista, que circulaba cara a Ramón Ferreiro, chocou contra un turismo que viraba debidamente da Rúa Vilalba cara a Anxo López Pérez. O ferido saltou polo aire tras o impacto.

Comentarios