A renovación da iluminación pública de Fonte dos Ranchos xa está en marcha

Os traballos licitáronse por 268.934 euros e teñen un prazo de execución de tres meses
Rubén Arroxo, Maite Ferreiro y personal municipal visitaron la obra en Fonte dos Ranchos. EP
photo_camera Rubén Arroxo, Maite Ferreiro e persoal municipal visitaron a obra en Fonte dos Ranchos. EP

O Concello iniciou xa as anunciadas obras de renovación da iluminación de Fonte dos Ranchos, Doutor Ochoa e primeiro tramo da Avenida das Américas, ata o cruzamento coa rúa Ameneiro.

A obra, insistiu o tenente de alcalde, Rubén Arroxo, permitirá reducir a factura eléctrica e avanzar cara a unha cidade máis ecolóxica. "Realizamos unha importante investimento en renovación de luminarias, reducimos o consumo e aumentamos a calidade de vida", subliñou.

Os traballos licitáronse por 268.934 euros e teñen un prazo de execución de tres meses. Substituiranse máis de 60 luminarias, o que permitirá unha redución de ata o 50% do consumo eléctrico.

O Concello investiu o último ano 2.450.000 euros na renovación de iluminacións. Segundo recordou Arroxo, "nas actuacións relacionadas co alumeado público aplicamos a perspectiva de xénero para avanzar na eliminación de zonas de sombra da cidade".

Comentarios