Renfe cubrirá por estrada dúas enlaces de Lugo a Ourense

Recupéranse liñas de Lugo a Monforte pero o tren que sae de Lugo ás 18.45 e de Ourense ás 23.00 non estarán operativos polas obras
Un tren. ARCHIVO
photo_camera Un tren Alvia. ARCHIVO

Renfe restableceu este xoves a conexión ferroviaria de Lugo a Monforte, que desde o pasado 10 de xaneiro permanecía pechado por mor das obras nese corredor. Durante este período eses traxectos cubríronse por autobús, de maneira que se un viaxeiro tomaba o tren en Lugo para ir a Madrid facía ese tramo por estrada e se subía ao tren en Monforte para continuar viaxe.

Aínda que se renoven eses servizos, outros se verán afectados as obras como dúas conexións entre Lugo e Ourense que deberán facerse ao completo por estrada. En concreto, trátase do tren Intercity 558 que sae de Lugo ás 18. 45 horas e chega a Ourense ás 20.30 horas -nese caso, o horario de saída do bus de Lugo é ás 18.45 horas e de Sarria ás 19.10 horas- e o Intercity 560, que sae de Ourense ás 23.00 e chega a Lugo ás 00.35.

Renfe asegura que as obras que se están facendo "levan limitacións de velocidade así como cortes de vía a determinadas horas", razón pola que se toman esas medidas con esas dúas conexións.

Por outra banda, a partir do xoves tamén se modifican lixeiramente os horarios doutros dous trens. O Alvia 4114 Lugo-Madrid sairá ás 11.05 horas de Lugo (e non ás 11.20 como figura nos billetes expedidos hai días) e de Sarria ás 11.36. No resto de paradas os horarios serán os mesmos.

O Alvia 4325 Madrid-Lugo mantén os seus horarios, coa excepción de que a chegada a Sarria será ás 17.37 e a Lugo, ás 18.10 horas.

Comentarios