A rehabilitación do centro histórico de Lugo recibirá un novo impulso con 322.000 euros

A conselleira de Medio Rural destaca os esforzos da Xunta nas Áreas de Rehabilitación de Lugo

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, avanzou este venres que o Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Lugo recibirá un impulso con 322.000 euros adicionais, dos que 140.000 son fondos propios deste departamento.

Vázquez fixo estas declaracións durante a súa visita ás obras de mellora que se están levando a cabo no barrio da Tinería, onde agora se inician as actuacións previstas para Tinería-15, unha obra que conta cun orzamento de 700.000 euros. Estas obras supoñen 5 novas vivendas e un baixo comercial, ao que hai que engadir as que se iniciaron en setembro.

Neste sentido, a conselleira destacou o esforzo da Xunta na mellora das ARIS de Lugo, a do Sacro Corazón e o Conxunto Histórico, nas que leva investido 2,6 millóns de euros desde a súa creación.

Sobre o Pazo de Doña Urraca, onde se emprazará a oficina de turismo, Vázquez precisou que se presupón que para o Xacobeo estarán rematadas as obras". Agora mesmo estase "desenvolvendo o proxecto, tras o que haberá que iniciar o proceso de conseguir os permisos pertinentes".

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que participou tamén na visita da Conselleira, aproveitou para recordar o "forte investimento" do Goberno bipartito da Xunta na zona, 24 millóns de euros, que supuxo un "punto de inflexión" importante para o despegamento do barrio.

Con respecto á intervención da conselleira, Méndez constatou que "estes investimentos complementan outras actuacións que leva a cabo o goberno no barrio. "Onte mesmo faciamos entrega das chaves dos oito locais comerciais que pomos a disposición dos veciños", indicou. En definitiva, "un traballo que busca que a zona recupere o esplendor que tivo e que siga sendo un punto de referencia na cidade".

Comentarios