A redución dos contagios mellora a situación epidemiolóxica en Lugo

En 24 horas detectáronse, unicamente, 5 novas infeccións e o total de casos activos descenden a 164 ►O brote de Castroverde non incorporou este venres novos positivos ►En Galicia, segue a baixada de casos activos mentres soben contaxios e se manteñen hospitalizados
photo_camera Acceso ao Hula. AEP

Lugo parece manter a senda de estabilización do coronavirus. Tras o repunte do pasado xoves e a leve mellora dos indicadores do venres, este sábado a provincia presenta 164 casos activos, 11 menos que nas 24 horas anteriores, o que confirma a mellora na situación epidemiolóxica. Ademais e segundo o último informe do Sergas, unicamente detectáronse 5 novos positivos por PCR, o que contrasta cos 14 que se sumaban o venres.

No que non hai variación é na situación hospitalaria. Do mesmo xeito que o xoves, un paciente permanece na unidade de coidados intensivos do Hula, e no mesmo centro evolucionan dous infectados en unidades convencionais de hospitalización.

Desde o inicio da crise sanitaria na provincia de Lugo faleceron con este virus 224 persoas, aínda que o Sergas notifica 216 ao non ter en conta os falecementos dalgúns pacientes lucenses que se produciron noutras áreas sanitarias.

CASTROVERDE. O brote de Castroverde non incorporou este venres novos positivos polo que segue contando con once. Pero continúan facéndose priebas PCR tanto aos contactos estreitos como aos veciños. 

GALICIA. A nosa comunidade rexistra hoxe 94 contagios da covid-19, sete máis que o día anterior, aínda que o número de persoas con infección activa segue baixando ata os 1.302, o que supón 42 menos, e mantense igual a presión hospitalaria.

Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde (Sergas), ata as 18:00 horas de onte venres, seguían ingresados os hospitais galegos un total de 61 pacientes con coronavirus, 45 en planta e 16 en UCI. 

En calquera caso, a incidencia acumulada a 14 días por cada cen mil habitantes subiu lixeiramente ata os 41,23, segundo os últimos datos facilitados na tarde do venres polo Ministerio de Sanidade, que sitúan a media do país en 95,91. En canto a incidencia a sete días, está en 19,39, fronte ao 43,60 da media nacional.

Desde o inicio da pandemia en Galicia contaxiáronse 128.399 persoas, das que se curaron 124.689 e faleceron 2.433, tras as dúas mortes comunicadas nas últimas horas.

As PCR realizadas ascenden a 2.324.974, das que 3.242 foron nas últimas horas, que deixan unha taxa de positividad nestas probas do 2,8 %.

Por áreas sanitarias, o número de casos increméntase só en Pontevedra, ata os 120 (+3); e en Ferrol, ata 101 (+5).
Pola contra descende no resto, con 411 na Coruña (-20); 244 en Vigo (-9); 164 en Lugo (-11); 155 Ourense (-5); e 121 en Santiago (-5). 

Comentarios