Reciben o alta 33 usuarios da residencia das Gándaras que tiñan coronavirus

Chegou a ter 72 casos positivos. Así, no centro quedan 39 residentes con infección activa
Residencia de As Gándaras. SABELA FREIRE
photo_camera A residencia das Gándaras. SABELA FREIRE

O número de casos de covid nas residencias de maiores de Galicia baixou nas últimas horas de 109 a 77, tras recibir o alta 33 usuarios do centro As Gándaras de Lugo e notificarse un novo positivo, o dun usuario de DomusVi Coruña (Oleiros). 

Deste xeito, redúcese case na metade o número de contaxiados por Covid nas Gándaras, a maior residencia de maiores da provincia de Lugo, que chegou a ter 72 casos positivos da enfermidade. 

Así, neste centro quedan 39 residentes con Covid, mentres que hai outros 20 na residencia García Irmáns de Betanzos. Por outra banda, quedan 11 casos na residencia San Vitorio de Baralla, 4 en Santa Marta de Vigo, un na residencia de Ribadeo, un en Santo Estevo de Perlío en Fene, e un en DomusVi Coruña (Oleiros). 

CENTROS DE DISCAPACIDADE. Con respecto aos centros de discapacidade, tamén se rexistrou un descenso notable no número de persoas contaxiadas, xa que recibiron o alta epidemiolóxica 36 usuarios do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Chapela-Redondela. 

Deste xeito, no centro redondelano pasouse de 48 a 12 casos; mentres que segue habendo 2 usuarios contaxiados por Covid no Fogar e Clínica San Rafael. 
 

Comentarios