A Real Academia de Ciencias Veterinarias premia dúas investigacións realizadas en Lugo

O traballo de Cristina Castillo analiza a posibilidade de usar como forraxe residuos dunha planta mariña. A investigación de Gonzalo López baséase no desenvolvemento dunha nova técnica para estudar a epidemioloxía das enfermidades

Cristina Castillo y Gonzalo López. USC
photo_camera Cristina Castelo e Gonzalo López. USC

A Real Academia de Ciencias Veterinarias de España (Racve) premiou dúas investigacións do departamento de Patoloxía Animal da Universidade de Santiago de Compostela (USC), dirixidas polos investigadores Cristina Castillo e Gonzalo López, da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo.

A profesora da área de Medicina e Cirurxía Animal e investigadora do grupo de Metabolismo e Patoloxía Animal, Cristina Castillo, recibiu o VI Premio Andrés Pintaluba polo traballo titulado "Un paso adiante cara á gandería sostible e a fortificación alimentaria en España: o uso de restos de posidonia oceánica en pequenos rumiantes do SE español".

O traballo da doutora Castillo analiza a posibilidade de utilizar como forraxe residuos dunha planta mariña atopada comunmente nas costas mediterráneas e que é coñecida como posidonia oceánica.

Pola súa banda, Gonzalo López Lorenzo, membro do grupo de Investigación en Sanidade Animal de Galicia (Invesaga), recibiu o V Premio Laboratorios Ovejero polo traballo "Distribución ambiental de PCV2 en granxas con infección subclínica", que se basea no desenvolvemento dunha nova técnica, alternativa, para estudar a epidemioloxía das enfermidades. 

 

Comentarios