Ratificada a multa a Rubén Arroxo por pór un cartel simbólico de obras a beiras do Miño

"Unha sanción de 90 euros non vai impedir que o BNG continúe reclamando unha zona pública de baño para Lugo", advertiu o portavoz municipal, que recorrerá de novo

Rubén Arroxo, con el cartel. AEP
photo_camera Rubén Arroxo, co cartel. AEP

O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Arroxo, foi sancionado cunha multa de 90,42 euros pola colocación dun cartel simbólico a beiras do río Miño no que, de forma irónica, anunciaba o inicio das obras de construción dunha zona pública de baño en Lugo, na zona das Saamasas.

O BNG xa anunciou que volverá recorrer esa multa imposta pola Confederación Hidrográfica de Lugo, por mor da denuncia interposta por un "partido político minoritario da dereita". Rubén Arroxo recordou que xa presentara un primeiro recurso contra esa sanción, pero á vista de que non lle foi retirada, volverá recorrela, porque a considera "inxusta".

"Unha multa de 90 euros non vai impedir que o BNG continúe reclamando unha zona pública de baño para Lugo", asegurou en declaracións aos medios de comunicación. 

Comentarios