Ramón Carballo ten a súa lista "pensada" pero non a fará pública de momento

O candidato do PP á alcaldía de Lugo cre que "hai que facer cada cousa ao seu tempo"

Ramón Carballo. EP
photo_camera Ramón Carballo. EP

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Lugo, Ramón Carballo, recoñeceu que xa ten un primeiro "esquema" da configuración da lista electoral para as eleccións de maio, pero precisou que non o fará público de momento, porque considera que "hai que facer cada cousa ao seu tempo".

En declaracións a EFE, insistiu en que a lista será presentada "no momento no que corresponda", de acordo co calendario que el mesmo estableceu para fortalecer a súa candidatura.

"Son unha persoa á que lle gusta meditar as cousas e facer cada cousa ao seu tempo. A día de hoxe teño os meus esquemas feitos, pero non vou dar nomes, nin dos que entran nin dos que saen. Teño o meu esquema de lista feito, pero a farei pública cando corresponda", resolveu

Comentarios