A quinta onda está aquí: 105 contaxios nun día en Lugo e máis dun milleiro en Galicia

Os casos activos dispáranse na provincia ata os 631, 92 máis, e os hospitalizados pasan de tres a cinco
Zona de cribado del aeropuerto de Santiago. EP
photo_camera Viaxeiros na zona de cribado do aeroporto de Santiago. EP

Os datos confirman que a quinta onda do coronavirus xa chegou á provincia de Lugo, que nun día confirmou 105 novos contaxios mediante probas de diagnóstico. Con iso, os casos activos eleváronse ata 631, 92 máis que un día antes. 

O balance do Sergas deste xoves, coa datos actualizados ata as 18.00 horas o mércores, confirman a tendencia negativa. Esta tamén ten reflexo na presión hospitalaria, xa que os ingresados con covid-19 pasan de tres a cinco. Tres deles atópanse en planta (dúas no Hula e un no Hospital da Mariña) e dous na Uci do complexo hospitalaria lucense.

Desde que comezou a pandemia hanse curado 13.016 lucenses, tras notificarse 12 altas nas últimas horas, e faleceron co virus diagnosticado 225 persoas, aínda que o Sergas contabiliza 217 ao non incluír algúns decesos que se produciron noutras provincias.

BALANCE LUGO

GALICIA. Os datos en Galicia tampouco son prometedores. Nun día rexistráronse 1.082 contaxios confirmados por probas de diagnóstico e os casos activos han crecido en 910, un 14,45% máis nun só día, para un total de 7.208 infeccións en Galicia.

A taxa de positividade situouse en 9,61% na última xornada e a incidencia acumulada a 14 días está xa en 257,96. 

Comentarios