Quince novos axentes da Policía Local toman posesión da súa praza

Os axentes están xa en prácticas
photo_camera Quince novos axentes da Policía Local de Lugo tomaron posesión da súa praza este luns, nun acto celebrado no salón de plenos do Concello. VÍDEO: VITORIA RODRÍGUEZ

Quince novos axentes da Policía Local tomaron posesión da súa praza este luns. No acto, celebrado no salón de plenos do Concello de Lugo, estiveron presentes o inspector xefe da Policía Local, Jesús Piñeiro; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a concelleira de gobernanza, Paula Alvarellos.

Os axentes xa se atopan actualmente de prácticas e supoñen a primeira gran renovación neste corpo despois de que en 2018 se producisen dúas decenas de xubilacións.

Comentarios