Se quero incinerar a un familiar preciso mercar un ataúde ou non fai falta?

Cando se escolle a cremación en vez do enterro é necesario adquirir un féretro?
Instalacións do tanatorio Serfuja As Gándaras. CEDIDA
photo_camera Instalacións do tanatorio Serfuja As Gándaras. CEDIDA

En contra do que moita xente cre, elixir a incineración como fórmula de despedida non evita que sexa necesario dispoñer igualmente dun féretro. Isto é obrigatorio por lei debido a razóns sanitarias e tamén para a exposición do corpo, xa que a cremación non se realiza ao momento de chegar o cadáver ao tanatorio.

Deste xeito, a diferenza entre un enterro e unha incineración só se percibe unha vez que o cadáver abandona a sala na que estaba exposto para ir a un ou outro lugar (cemiterio ou forno crematorio). Polo demais, o resto de cuestións (necesidade de tumba, posibilidade de adornos florais, etc.) son idénticas.

Neste senso, o custe do servizo depende das necesidades e circunstancias nas que se desenvolve, sen que se poida concluír que unha incineración é, por defecto, máis cara ou máis barata. O que si resulta incuestionable é que a cremación é unha tendencia á alza na nosa cultura, polo que é importante ter instalacións coas que dar resposta a esta demanda, coma os dous fornos crematorios da empresa Serfuja (a única da provincia que conta con este recurso).

Envía a túa consulta a asgandaras.gal/dudas