Quenda de vacinación para os membros do Senado romano

O Arde Lucus leva túnicas ao Hula e enche de festa o centro da cidade
Un miembro del Senado romano se vacuna este sábado en Lugo. EP
photo_camera Un membro do Senado romano vacínase este sábado en Lugo. EP

Vacinarse á lucense é tamén facelo caracterizado, e para mostra algúns dos futuros inmunizados que pasaron este sábado polas instalacións do Hospital Universitario Lucus Augusti. En plena celebración dun Arde Lucus para o que había moitas ganas, non faltaron as túnicas nas ringleiras de quen recibiu a picada no Hula.

O Arde Lucus, no Hula. EP

Así é que ata un membro do Senado romano recibiu a súa dose, tras participar nunha actuación especial xunto a varios compañeiros en homenaxe aos sanitarios do Hula. Alí estaban citadas para recibir a vacina este sábado unhas 2.400 persoas.

Actuación de membros do Senado romano no Hula. EP

E é que estes días conviven en Lugo vacinación e festa, que se segue vivindo na rúa a pesar da ameaza das nubes. Máis aló dos campamentos e todas as actividades programadas para a fin de semana, a celebración toma o centro da cidade ata a ritmo de gaitas e pandeiretas.

Recorda que podes participar no concurso de caracterización do Arde Lucus. Podes gañar incribles premios.

Comentarios