viernes. 27.05.2022 |
El tiempo
viernes. 27.05.2022
El tiempo

Queixas pola mala atención e a burocracia en oficinas do Concello de Lugo

Centro social de Fingoi. GOOGLE
Centro social de Fingoi. EP
O Concello di que dará solución ás trabas que sufriron algunhas mulleres para solicitar un local para facer manualidades no centro social de Fingoi

Usuarias do centro social de Fingoi criticaron este luns a burocracia e a falta de atención nas oficinas de servizos sociais do Concello.

A xestión de locais no centro social, que utilizan desde hai anos, converteuse nun problema no último ano, xa que non só se obriga a cubrir un formulario cada tres meses solicitando o uso de local ao que acoden para realizar traballos de manualidades en grupo, senón que se lles pon moitas trabas, din. Sinalan que, ao contrario do que ocorría antes, agora esíxeselles pedir cita no Concello para recoller o documento de solicitude do local e non se lles permite enchelo e entregalo no momento, a pesar de que é algo que se fai en "trinta segundos". Así, obrígaselles a pedir de novo cita telefónica para entregar un simple papel.

Pero, máis aló dunha burocracia que ven absurda, as queixas estalaron este lunes porque durante horas ninguén collía o teléfono ao que se lles instou a chamar e o servizo do 010 tampouco daba solución.

Ante esa situación, unha das denunciantes decidiu acudir ás oficinas municipais, onde dixo recibir un trato descortés a pesar de que non había máis usuarios e agardou educadamente a que os funcionarios presentes nese momento acabasen a conversación na que estaban embarcados.

Tras non poder entregar nesa visita o papel para pedir o uso do local, unha das usuarias dixo que tivo que estar a chamar de forma constante ata as tres da tarde para lograr que alguén collese o teléfono e déselle cita para ir entregar a solicitude de uso do local no centro social. Citouna para principios de febreiro.

O Concello, en tanto, sinalou que houbo un problema de comunicación e que as usuarias que utilizan ese tipo de locais, ao que van por libre e sen profesores, foron mal informadas e non necesitan recorrer a tanta burocracia. Segundo a concellaría de servizos sociais, abonda con que a animadora sociocultural dos centros tramiten ese tipo de actividades dos usuarios. A concellaría de Olga López asegurou que solucionará a situación de forma inmediata.

Queixas pola mala atención e a burocracia en oficinas do Concello...
comentarios