Pussy Riot, o hermético colectivo ruso que actuará con Marky Ramone

Este venres subiranse ao escenario da Praza Horta do Seminario

Dos integrantes del grupo Pussy Riot. EFE
photo_camera Dous integrantes do grupo Pussy Riot. EFE

A actuación de Marky Ramone vén acompañada do famoso colectivo punk ruso Pussy Riot, unha  agrupación de mulleres que desenvolve ‘perfomances' reivindicativas por todo o planeta e que este venres estarán presentes sobre o escenario da Praza Horta do Seminario.

O hermetismo envolve ás integrantes do grupo, coas que non foi posible contactar desde este diario. Complementarán o concerto de Marky Ramone cun espectáculo de protestas no que o punk-rock e o heavy metal estarán moi presentes. Os seus pasamontañas e vestidos de cores rechamantes darán que falar na penúltima actuación das festas patronais