O luns entrará en vigor a nova relación de postos de traballo do Concello de Lugo

Méndez destaca que é a primeira ordenación en 14 anos
A concelleira de gobernanza, Paula Alvarellos, e a alcaldesa, Lara Méndez. ARQUIVO
photo_camera A concelleira de gobernanza, Paula Alvarellos, e a alcaldesa, Lara Méndez. ARQUIVO

A partir do próximo luns entrará en vigor a nova relación de postos de traballo (RPT) do Concello de Lugo, unha vez que se emendaron os erros detectados pola intervención municipal. Esta organigrama, que foi aprobado este mércores pola xunta de goberno local, é considerado como "un paso imprescindible para acometer a modernización" desta institución.

A alcaldesa Lara Méndez, que recordou que é a primeira ordenación que se acomete en 14 anos, destacou que permite "regularizar" a situación laboral dos empregados municipais.

A edil de gobernanza, Paula Alvarellos, dixo que a RPT é un instrumento técnico "imprescindible" que se irá adaptando ás necesidades para poder organizar o persoal.

Nesta xunta de goberno acordouse ademais contratar un servizo de 24 horas de reparación de avarías nas redes de abastecemento e saneamento, ao que se destinará 171.000 euros en total.

Comentarios