Os proxectos para a aceleradora ViaGalicia poden presentarse ata o vindeiro luns

O vindeiro luns, día 15 de abril, ás 12.00 horas, finalizará o prazo para que proxectos empresariais se poidan inscribir -tamén online- na primeira fase da aceleradora ViaGalicia, promovida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Xunta, coa que colabora a Fundación CEL-Iniciativas por Lugo.

Esta aceleradora, que alcanza a súa sexta edición, ofrece soporte e asistencia na súa fase inicial a emprendedores e empresas, proporcionando desde formación, a través dunha rede de mentoring, a asesoramento intensivo e infraestruturas para a posta en marcha do proxecto empresarial, así como financiamento.

Comentarios