miércoles. 18.05.2022 |
El tiempo
miércoles. 18.05.2022
El tiempo

A provincia de Lugo sufriu o peche de 91 oficinas bancarias en cinco anos

Una mujer camina junto a una sucursal bancaria. ARCHIVO
Una mujer camina junto a una sucursal bancaria. ARCHIVO
Isto supón unha redución do 41% no número de sucursais, segundo denuncia a CIG

Nos últimos cinco anos pecharon 91 oficinas bancarias na provincia de Lugo, o que supón unha redución do 41% no número de sucursais.

Este é un dos datos que recolle o informe sobre a situación socioeconómica lucense elaborado pola central CIG, que presentou este venres.

Outro dos aspectos nos que incide o estudo da central nacionalista é na perda de poboación, uns 29.000 habitantes desde 2009, cando se produciu a anterior gran crise. Ademais, apunta que xa hai máis habitantes maiores de 85 anos, 22.741, que menores de 9 anos, 20.952.

A CIG atribúe a este "desastre" demográfico os bos datos na redución da taxa do paro rexistrados na provincia de Lugo.

Esta central, segundo anunciou o seu secretario comarcal, Antonio Niño, levará a cabo unha campaña nas institucións e a pé de rúa para esixir medidas co fin de intentar reverter a situación.

Niño dixo que o sindicato será "proactivo" para que se cumpran as cláusulas de revisión salarial dos convenios para que os traballadores non perdan máis poder adquisitivo. 

Demanda así mesmo que se pechen ciclos produtivos na provincia, finalícense infraestruturas que melloren as comunicacións e refórcense os servizos públicos, entre outras demandas.

A provincia de Lugo sufriu o peche de 91 oficinas bancarias en...
comentarios