Protestas veciñais pola reiterada aparición de mobiliario tirado na zona da Residencia

Protestas vecinales por la reiterada aparición de mobiliario tirado en la zona de A Residencia.EP
photo_camera Protestas veciñais pola reiterada aparición de mobiliario tirado na zona da Residencia.EP
A imaxe da fotografía é nesta ocasión da Rúa Serra Gañidoira, pero desgraciadamente estase convertendo nunha estampa bastante habitual nas rúas da contorna da Residencia. Constantemente, veciños incívicos depositan colchóns e mobles vellos xunto aos colectores, sen avisar aos servizos municipais que son os encargados de recoller estes desperdicios e sen esperar a quenda que se lles marca. Este feito provoca non poucas protestas do resto de veciños, porque en moitas ocasións os servizos de limpeza diarios non están preparados para facerse cargo destes residuos e permanecen varios días nas rúas, arroxando unha imaxe pouco saudable.