A Delegación da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM) reclamou nas distintas concentracións que celebraron este martes, en diversos centros de saúde e hospitais, entre eles o Hula de Lugo, a apertura dun diálogo co ministro de Sanidade, Salvador Illa, para buscar solucións para os problemas do Sistema Sanitario, e que co "decretazo Sanitario agraváronse".
O sindicato acusa o Goberno de España dunha "falta de planificación absoluta, que pon en evidencia a súa incompetencia para buscar solucións consensuadas". E anuncia que o conflito continuará mentres non se retire o decreto que "pon en risco tanto a atención que recibían os pacientes", como aos propios profesionais que deberán exercer especialidades para as que non se formaron, cos riscos e tensións que iso leva.
Os médicos decidiron a pasada semana levar a cabo concentracións ás portas dos centros hospitalarios en lugar de secundar unha xornada de folga dada a enorme presión asistencial que soportan moitas CC AA.