Propoñen para a Orde do Mérito Civil ao xefe da Policía Local de Lugo

Jesús Piñeiro ingresou no corpo en 1981 e é inspector desde 1990
Jesús Piñeiro.VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Jesús Piñeiro.VITORIA RODRÍGUEZ

O pleno do Concello de Lugo acordou este xoves por unanimidade propor o ingreso do xefe da Policía Local, Jesús Piñeiro na Orde do Mérito Civil, "un recoñecemento que se corresponde co compromiso mostrado" polo inspector no "exercicio das súas funcións".

Un "compromiso", engade o goberno local, que "evidencia a relevancia do servizo exemplar que presta" á cidadanía de Lugo.

O Concello de Lugo subliña que, "desde o seu ingreso na Policía Local", en 1981, Jesús Piñeiro "destacou pola súa traxectoria profesional", cun primeiro ascenso a cabo e logo a inspector en 1990, "categoría que ostenta actualmente".

De feito, "o hoxe inspector Jesús Piñeiro xa destacou desde o seu primeiro posto como policía integrante" do servizo de radiopatrullas, "dedicado á atención de chamadas e requirimentos urxentes" por parte da cidadanía, así como "a tarefas de auxilio humanitario e apoio ás vítimas".

Comentarios