Un problema eléctrico obriga ao Concello a desconectar servidores e suspender o rexistro 

Arroxo asegura que é unha situación que se vén "producindo desde fai máis de tres anos"

Arroxo y Méndez en el pleno del Concello de Lugo. SEBAS SENANDE
photo_camera Arroxo e Méndez no pleno do Concello de Lugo. SEBAS SENANDE

O primeiro tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, informou este venres, antes do pleno de organización, que un problema eléctrico obrigou a suspender o servizo do rexistro do Concello e a desconectar os servidores informáticos. 

O nacionalista concretou que é unha situación que se vén "producindo desde fai máis de tres anos". "En varias ocasións xa houbo caídas no concello e volve ser o mesmo problema", explicou. 

"É un problema externo de como se fornece a liña, temos que ter en conta que en toda a contorna do concello son liñas antigas que causan esas problemáticas", precisou Arroxo. 

Ademais, o tenente de alcalde asegurou que a avaría está "bastante localizada, pero aínda non se reparou". Así, dixo que esperan "que nas próximas horas estea totalmente reparada". 

Finalmente, concretou que isto afecta, sobre todo, "aos servidores informáticos, que por seguridade están desconectados". "A iluminación está funcionado pero se desconectaron por se hai fallos de tensión", engadiu. 

"Estamos a ter contactos cos técnicos, coa empresa subministradora --Begasa-- para intentar liquidar esta avaría canto antes e que volva funcionar canto antes", concluíu. 
 

Comentarios