O Primo de Banksy decora os aseos de madeira do parque Rosalía

O Primo de Banksy fixo gala, de novo, da súa creatividade cun novo grafiti. Neste caso, trátase dun oso que decora os aseos do parque Rosalía de Castro.

No pasado decembro, o Primo de Banksy sumouse con outra obra á campaña de Lugo Sen Mordazas, unha iniciativa orientada a dar visibilidade á situación das persoas sen fogar. Tamén se sumou ás reivindicacións do 25-N pintando na Casa da Muller de Lugo.

Son só algúns dos exemplos recentes do seu traballo, como o realizado na Tinería para preguntarse "que foi da revolución" ou as súas homenaxes a Rosalía e Castelao.

Comentarios