domingo. 17.01.2021 |
El tiempo
domingo. 17.01.2021
El tiempo

Os orzamentos de Lugo ascenderán 106 millóns, un 6,5% máis que este ano

Arroxo e Lara Méndez, cos orzamentos. ADRA PALLÓN
Arroxo e Lara Méndez, cos orzamentos. ADRA PALLÓN
Méndez e Arroxo destacan a súa "excepcionalidade" e destacan o seu enfoque social

Os orzamentos do Concello de Lugo para o ano 2021 ascenderán a 106.478.713 euros, un 6,5% máis que os deste exercicio, segundo informaron este xoves en rolda de prensa a alcaldesa, Lara Méndez, e o tenente de alcalde, Rubén Arroxo. 

Na súa intervención, Méndez destacou que son "uns orzamentos excepcionais, para unha situación pandémica excepcional", á vez que os describía como "solidarios, e pensados para a recuperación de Lugo". As contas serán levadas a un pleno extraordinario o próximo 18 de decembro. 

Da cantidade total, 31,2 millóns dedícanse a políticas sociais, o que supón "un 29,3 por cento" do orzamento, co obxectivo de conseguir melloras na calidade de vida nos ámbitos rural e urbano e por integrar aos sectores máis desfavorecidos" da cidade. Así mesmo, destes máis de 31 millóns, 13,8 consígnanse para "políticas de benestar", concretaba Méndez. 

Ademais, contémplase outra partida de 5,3 millóns de euros para "axudas a autónomos e emprendedores".  En canto a investimentos, o concello de Lugo reservará case quince millóns de euros, "un corenta por cento máis", presumía a alcaldesa, que os de 2020 que incorporou 10,4 millóns. 

Pola súa banda, o primeiro tenente de alcalde, Rubén Arroxo, congratulouse de que estes orzamentos sexan "expansivos", e apelou a que, nesta situación de crise sanitaria, "as administracionesson as que teñen que facer grandes investimentos".

Os orzamentos de Lugo ascenderán 106 millóns, un 6,5% máis que este...
comentarios