domingo. 23.02.2020 |
El tiempo
domingo. 23.02.2020
El tiempo

O presidente dos hostaleiros de Lugo tacha de "obsoleto" o formato de Fitur

Cheché Real. AEP
Cheché Real. AEP
Segundo Cheché Real, a presenza na feira “segue sendo boa a condición de que vaia acompañada dunha xestión privada e multidireccional, desde o punto de vista turístico e promocional"

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL), Cheché Real, asegurou que “o formato” da Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) vaise quedando “cada día máis obsoleto” e aínda que segue sendo “bo” ter presenza nela, tamén asegura que só con esa promoción non basta para potenciar un sector emerxente en Galicia.

“A min, persoalmente, paréceme que o formato de Fitur vaise quedando cada día máis obsoleto”, dixo Cheché Real en declaracións a EFE.

Segundo o presidente de hostaleiros de Lugo, a presenza na feira “segue sendo boa a condición de que vaia acompañada dunha xestión privada e multidireccional, desde o punto de vista turístico e promocional, noutros espazos e noutras latitudes”.

“É o que facemos nós”, dixo Cheché Real en alusión á APEHL, “durante todo o”.

Os hostaleiros de Lugo presentarán o vindeiro mércores en Fitur, na caseta de Galicia, a décimo terceira edición da guía 'E para comer...Lugo'

Por si sos, insistiu, “espazos” como Fitur “son insuficientes” se “non van acompañados doutras xestións puntuais ao longo do ano”.

Os hostaleiros de Lugo presentarán o vindeiro mércores en Fitur, na caseta de Galicia, a décimo terceira edición da guía 'E para comer...Lugo', baixo o título 'Lugo, moito por descubrir”.

A nova guía mostra os “lugares con máis encanto da provincia en primeira persoa, todo un álbum de recordos, sensacións e imaxes a través dos que coñecer a natureza, o patrimonio, a cultura e a gastronomía de todos e cada un dos concellos lucenses”.

Ademais, por primeira vez, parte do contido da mesma será condensado nunha produción audiovisual que tamén será presentada en Fitur.

O presidente dos hostaleiros de Lugo tacha de "obsoleto" o formato...
Comentarios