sábado. 18.09.2021 |
El tiempo
sábado. 18.09.2021
El tiempo

Presentado o proxecto para peonalizar o tramo da Mosqueira

Recreación de A Mosqueira peatonalizada. CONCELLO
Recreación da Mosqueira peonalizada. CONCELLO
"A nova praza peonil resultante será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de lecer", explicou Arroxo

O goberno local de Lugo presentou este xoves o proxecto básico para executar a peonalización de A Mosqueira, o único tramo da Rolda da Muralla na que aínda pode verse un segundo nivel de edificación -os dous arcos superiores que se converteron nunha das imaxes máis emblemáticas da cidade- na antiga estrutura defensiva.

Na presentación dese proxecto básico, o tenente de alcalde, Rubén Arroxo, acompañado polo edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, e o xefe do Servizo de Enxeñería municipal, Pablo Fuentes, explicaron que está en marcha a licitación das obras, co obxectivo de que os traballos queden contratados a principios de 2021.

O prazo de execución das obras será de oito meses, aínda que haberá que realizar unha serie de catas arqueolóxicas para comprobar o estado da cimentación do monumento, e o orzamento aproxímase aos 800.000 euros.

"A nova praza peonil resultante será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de lecer, na que se respectará a visión dos arcos da Mosqueira e do edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira", anunciou Rubén Arroxo. 

Pablo Fuentes explicou, ademais, que o proxecto suporá cambiar todo o sistema de iluminación do monumento neste tramo da Rolda e a adopción dunha serie de canons, tanto estéticos como no relativo ao uso de materiais, que marcarán o camiño para próximas peonalizacións na propia Rolda."Servirá como elemento basee, tanto en materiais como instalacións, para as seguintes fases", dixo. 

Recreación do tramo da Mosqueira peonalizado. CONCELLO

Presentado o proxecto para peonalizar o tramo da Mosqueira
comentarios